O canteirán Iván Villar renova ata 2023 e xogará cedido no Levante ata final de tempada

O porteiro Iván Villar será celeste ata o ano 2023 unha vez pechada a súa ampliación de contrato co Real Club Celta, que desta maneira garante a continuidade dun dos seus novos valores da canteira. O gardameta internacional xogará cedido no Levante ata final de tempada, tras o acordo alcanzado co club valenciano, a expensas do pertinente recoñecemento médico.

Iván Villar mostrouse moi contento con esta renovación que lle permite “seguir na miña casa” e expresou a súa gratitude ao club pola confianza que depositaron nel: “espero devolvela con sacrificio e rendemento”. Sobre a súa cesión, indicou que “é un paso importante para o meu para seguir crecendo e mellorando e volver para ser porteiro do Celta durante moitos anos”.

O Real Club Celta deséxalle o maior dos éxitos durante a súa cesión no conxunto azulgrana.