O canteirán Iván Villar, titular coa Selección Española Sub-17

ivan_villar_sub17_-_110414.jpg

O porteiro celeste xogou de inicio nun partido benéfico ante Asturias

 

Os canteiráns internacionais do RC Celta continúan madurando e consolidándose nas categorías inferiores da Selección Española. Iván Villar, gardameta do Xuvenil A, formou parte do once titular no partido que a Sub-17 disputou este xoves ante a Selección de Asturias.

 

O partido, celebrado no estadio de Ganzábal (Langreo) en beneficio da Fundación Sanfilippo, finalizou con vitoria do conxunto asturiano por dous tantos a cero.

 

Xa son varias ocasións nas que Santi Denia, seleccionador nacional Sub-17, conta co porteiro celeste, quen debutou como internacional ao comezo da presente tempada ofrecendo un rendemento extraordinario. O potencial da canteira da Madroa continúa sendo recoñecido nas diferentes convocatorias internacionais de categorías inferiores.

 

Fotografía: RFEF

Leave a Reply

one × 4 =