O canteirán José Sobrido xogará cedido no Compos

jose_sobrido_celta_b_angola_barreiro.jpg

 

O canteirán celeste José Sobrido xogará 1 tempada cedido na SD Compostela tras o acordo alcanzado entre o club santiagués e o RC Celta. Sobrido, que finalizou a pasada campaña a súa etapa como xuvenil, atopábase realizando a pretemporada co Celta B. Na SD Compostela pelexará por acumular minutos nunha categoría bregadora como a Terceira División para seguir crecendo como futbolista.

 

Hábil e rápido, o mozo dianteiro vén de asinar unha excelente tempada co Celta Xuvenil de División de Honra, co que asinou 17 dianas. O Celta deséxalle o maior dos éxitos nesta nova etapa da súa carreira profesional.

Leave a Reply

ten + 6 =