O canteirán Pampín alcanza as semis do Mundial Sub-17

A Selección Española Sub-17 superou a Irán nos cuartos de final do Mundial da India (3-1) e xogará as semifinais do torneo. O canteirán celeste Diego Pampín non gozou de minutos nesta ocasión. España xogarase un posto na final ante Malí o mércores ás 16:30.