Un canteirán celeste na final do Mundial Sub-17!

A Selección Española Sub-17 loitará por alzarse co seu primeiro Mundial tras eliminar a Mali na semifinal do torneo (3-1), na que o canteirán Diego Pampín non gozou de minutos. O combinado nacional enfrontarase a Inglaterra na final este sábado 28 de outubro ás 16:30, un encontro que poderá verse en directo na canle en aberto Gol.