O canteirán Pampín consolídase na Selección Española Sub-17, que se medirá a Italia este mes

pampin1516.jpg

O canteirán celeste Diego Varela Pampín consolídase como un dos novos valores da Selección Española Sub-17. Santi Denia, seleccionador nacional, volveu a convocar ao xuvenil céltico para un partido oficial, o que disputarán os combinados nacionais de España e Italia no Estadio de Mahón, Menorca, o día 18 do presente mes de xaneiro.

 

O novo futbolista celeste, quen xa formou parte do a Selección Sub-16, debutou coa Sub-17 o pasado mes de setembro nun partido clasificatorio para o Europeo da categoría ante Irlanda do Norte. Pampín protagonizou unha notable estrea e marcou aos 4 minutos de xogo o primeiro tanto da Selección Española.

Leave a Reply

sixteen − two =