O canteirán Pampín regresa do Mundial Sub-17 cunha medalla de prata

O canteirán celeste Diego Pampín logrou o subcampeonato do Mundial Sub-17 da India coa Selección Española Sub-17. O combinado nacional caeu derrotado na final do torneo ante Inglaterra por 5-2 nun intenso choque no que a escuadra española chegou a gozar dun marcador a favor de 0-2. O RC Celta felicita a Pampín e á Selección Española pola súa meritoria medalla de prata.