Hemeroteca canteira

O canteirán Pape Cheikh, de novo con minutos na goleada a Portugal que vale o Europeo

RC Celta

sub19_3615.jpg

A Selección Sub-19 despídese da Rolda Élite con pleno de vitorias e a clasificación no peto

 

A Selección Española Sub-19 clasificouse de xeito brillante para o Campionato de Europa tras derrotar con claridade a Portugal (4-0) nun partido no que unha vez máis o canteirán celeste Pape Cheikh, de 17 anos de idade, tivo protagonismo.

 

O xuvenil céltico Pape foi titular no primeiro dos encontros da Rolda Élite e disputou moitos minutos nos outros dous, todos eles saldados con vitorias do combinado nacional de Luís de la Fuente.

 

A Selección Española Sub-19 regresa a unha fase final do Campionato de Europa trala súa última ausencia e medirase en Salónica a Alemania, Rusia, Holanda, Ucrania, Holanda, Austria, Francia e a anfitriona Grecia.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas