Hemeroteca canteira

O canteirán Pintos, convocado pola Selección Española Sub-16

RC Celta

sub16.jpg

Participará nos adestramentos oficiais, que terán lugar a semana que vén en Las Rozas

 

A canteira do Real Club Celta recibe un novo recoñecemento ao seu traballo e proxección. Os seleccionadores nacionais continúan apostando polos xóves valores do club celeste, algo que se ve reflectido nas convocatorias das categorías inferiores da Selección Española.

 

Hugo Daniel Pintos, xogador do Cadete División de Honor, estréase nunha convocatoria nacional tras ser chamado pola Selección Española Sub-16 para participar nos adestramentos oficiais que o combinado nacional realizará na Cidade Deportiva de Las Rozas (Madrid) a próxima semana.

 

O centrocampista céltico permanecerá concentrado coa Sub-16 entre o luns 26 e o mércores 28 de novembro, día no que regresará a Vigo tras a última sesión de adestramento.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas