O canteirán Raúl Dacosta regresa coa Selección Española Sub-16

raduldacosta.JPG

 

O canteirán celeste Raúl Dacosta (Ourense, 2002), dianteiro do Cadete B, regresa á Selección Española Sub-16 para participar nos adestramentos que o combinado nacional realizará do 29 ao 31 de maio na Cidade Deportiva de Las Rozas. Raúl xa fora convocado o pasado mes de abril coa selección, onde causou unha gran impresión.

 

A canteira do Real Club Celta continúa crecendo e aportando xogadores á selección española, un espaldarazo ao intenso traballo que club e Fundación Celta realizan na Madroa.

Leave a Reply

6 + 1 =