O canteirán Riki Mangana convocado pola Sub-20 de Venezuela

A Selección de Venezuela Sub-20 convocou ao defensa Riki Mangana, xogador do Celta B, de face ao prestixioso Torneo Internacional de Fútbol Sub-20 da Alcudia (COTIF) que se celebra a partir do 28 de xullo na provincia de Valencia. O combinado venezolano coincidirá nesta competición cos combinados nacionais Sub-20 de Rusia, Arxentina, Marrocos, Uruguai, India, Qatar, Mauritania, Costa Rica e Valencia.