O canteirán Rubén Blanco, celeste as próximas cinco tempadas

Renovacion_Ruben_2013.jpg

O internacional expresou a súa satisfacción por “seguir no meu club de toda a vida”

 

Novo paso adiante, moi satisfactorio, na potenciación da canteira o Real Club Celta. O club e un dos novos valores celestes, Rubén Blanco, pecharon esta tarde a firma do primeiro contrato profesional do gardameta internacional. Rubén, quen permanecerá vinculado ao Celta ata o ano 2018, afirmou que sentirse “moi feliz por seguir nun club no que sinto como en casa e no que levo toda a vida”.

 

O Real Club Celta garantiu hoxe o futuro celeste dun dos novos valores da canteira, o porteiro Rubén Blanco. O gardameta expresou a súa satisfacción pola ampliación da súa vinculación “co meu club de toda a vida” e expresou a súa gratitude á entidade celeste por “confiar en min”.

 

“Vou traballar coa máxima ilusión, como sempre fixen, para tratar de devolver esta confianza no terreo de xogo”, engadiu o porteiro internacional, quen reiterou que “quero demostrarlle ao club e ao corpo técnico que non se equivocan e para iso darei o mellor do meu mesmo”.

 

Rubén, quen chegou ao Real Club Celta cando era infantil de primeiro ano, indicou que “afrontamos unha tempada moi ilusionante e o que todos queremos é consolidarnos en Primeira sen pasar excesivos apuros”.

 

Expresou ademais o seu agradecemento á afección por “o apoio que sempre me brindou e sobre todo polo que lle deu e segue dándolle ao equipo”.

Leave a Reply

twenty + 11 =