O canteirán Santi Mina estará unhas tres semanas de baixa

A resonancia magnética realizada polos servizos médicos do RC Celta ao canteirán Santi Mina, lesionado no tramo final do partido amistoso disputado o pasado martes ante o CD Tenerife, confirma o diagnóstico inicial. O dianteiro sofre un esguince de grado II no seu nocello dereito e o tempo de baixa estimado será dunhas tres semanas.