O capitán Hugo Mallo cumpre trecentos partidos oficiais co RC Celta

Coa súa titularidade ante o RC Deportivo, o capitán celeste Hugo Mallo cumpriu trescentos partidos oficiais defendendo o escudo do RC Celta. O canteirán, o xogador máis novo en sumar esta cifra na historia do club con 26 anos de idade, convértese no sétimo futbolista celeste con máis partidos por detrás de lendas como Manolo (532), Atilano (393), Maté (369), Vicente (353), Juan (349) e Santi Castro (328).