O Catoira SD volve homenaxear ao ‘Gato’ co II Trofeo Sergio Álvarez

É un dos emblemas da canteira celeste, pero tamén o fillo predilecto da súa terra. Sergio Álvarez recibirá unha nova homenaxe do seu pobo natal, Catoira, coa celebración da segunda edición do trofeo que leva o seu nome. O Catoira SD organiza por segundo ano consecutivo este evento, que volverá contar coa presenza do ‘Gato de Catoira’.

Nesta ocasión o club catoirés enfróntase ao Atlético Faxilde, un partido programado para as 17:30 do domingo 26 de agosto e cuxa entrada non ten custo. O RC Celta anima a todos os afeccionados da zona a acudir á cita e participar do tributo ao porteiro celeste.