Hemeroteca canteira

O celeste Brais Méndez suma máis minutos coa Sub-17

RC Celta

Brais_Mendez_-_Ronda_Elite_Sub17.jpg

O canteirán, que debutou fai uns días, volveu xogar coa selección ante Suiza na Ronda Elite de Kazán

 

O centrocampista celeste Brais Méndez, xogador do Xuvenil A, volveu contar para o seleccionador nacional Sub-17 no último partido de Rólda Elite de Kazán. A selección española enfrontouse a Suíza nun partido decisivo de face ao próximo Campionato Europeo da categoría. Brais Méndez disputou practicamente todo o segundo tempo do partido, no que España non tivo fortuna. A falta de cinco minutos para o final do choque, o conxunto suízo anotou o gol da vitoria, que deixa á vermella fora do Europeo.

 

Brais Méndez debutou coa Sub-17 neste minitorneo celebrado en Rusia, un novo canteirán céltico que alcanza a internacionalidad e que se suma a unha ampla lista de canteiráns que xa se estrearon na selección nacional. A canteira do RC Celta segue acaparando a atención dos seleccionadores, un recoñecemento ao proxecto de fútbol basee do club, no que o apoio da afección celeste continúa sendo un dos alicerces básicos para o seu éxito.

 

FICHA TÉCNICA

1-SUIZA: Descloux, Schättin, Kryeziu, Oberlin, Sow, Cani, Loosli, Bajrami, Alpsoy, Alves (Efendic, 67′) e Kutesa (Babic, 68′)

 

0-ESPAÑA: Soriano, Pleguezuelo, Marín, Meré, Canós (Martínez, 53′), Chirivella (Méndez, 48′), Altamirano, García, Villalibre, Sarsanedas e Montoro (Antonio, 72′)

 

Goles: Alpsoy, min.75 (1-0)

 

Estadio: Rubin (Kazán)

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas