Hemeroteca canteira

O Celta agradécelles o seu esforzo e compromiso aos xogadores do filial que non continuarán no club

RC Celta

celtab-anton-marcos-anon-maceira.jpg

Deséxalles un gran éxito na súa nova etapa a Antón, Marcos Torres, Añón e Maceira

 

O Real Club Celta quere expresar o seu sinceiro agradecemento aos xogadores do Celta B que acaban contrato o 30 de xuño e non continuarán no equipo a próxima tempada: Antón de Vicente, Diego Maceira, David Añón e Marcos Torres. Estes futbolistas deixaron pegada na canteira celeste pola súa entrega, dedicación e esforzo e foron un exemplo para os mozos que foron chegando ao filial nas últimas campañas.

 

O club quere destacar o traballo e compromiso destes xogadores no filial e desexarlles un gran éxito na súa nova etapa profesional. Tamén fai extensiva a súa gratitude aos dous futbolistas cedidos que voltarán aos seus equipos: Aitor e Juan Delgado. 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas