O Celta alcanza a final do Gyeongju International Tournament por primeira vez

Corea_y_Cetla_2.jpg

 

O Torneo Internacional de Gyeongju (Corea do Sur), no que o Celta participa por cuarta vez, ten máis protagonismo celeste que nunca. Tras superar ao Baekho en cuartos de final (1-0) e ao Chungmu en semifinais (2-1), ambos os equipos surcoreanos, o Celta Infantil B alcanza a final do torneo por primeira vez, todo un premio ao excelente traballo do conxunto vigués. Os canteiráns xogarán o partido polo título ante os Santos brasileiro na madrugada do mércores ao xoves, ás 04:00 hora española.

 

O destacado papel dos equipos da Madroa en leste e outros torneos internacionais supón un recoñecemento ao constante traballo que o RC Celta, a Fundación Celta e os responsables das categorías inferiores realizan cada día. O club envía todo o seu ánimo e forza aos canteiráns do Infantil B de cara á final ante os Santos. Forza canteiráns!

Leave a Reply

one × five =