Hemeroteca canteira

O Celta Alevín A suma un novo éxito a unha tempada espectacular

RC Celta

alevina-plantel-1415.jpg

Proclamaouse campión do Torneo Conservas Calvo ao derrotar ao Deportivo na final

 

A canteira celeste continúa xerando satisfaccións e enorgullecendo ao club e á afección, envorcados no apoio ao fútbol base do club vigués, unha das pedras angulares do proxecto celeste. O Celta Alevín A é un dos equipos da canteira que maravillou esta tempada. O seu último logro: conquistar o Torneo Conservas Calvo, en cuxa final doblegou ao Deportivo por dous goles a cero.

 

Uns días antes deste último triunfo, o conxunto de Álex Otero proclamouse campión de Galicia da categoría ao superar en semifinais ao cadro herculino e na final ao Ural por oito goles a dous. Unhas horas despois da conquista do título, o Celta Alevín venceu no Campus Poboa, de novo superando ao Deportivo.

 

Ademais destes grandes logros, o cadro celeste atesoura esta tempada un triunfo de especial brillo e prestixio. O Celta Alevín A gañou no Algarve o Mundialito de Clubs, con vitorias ante equipos como Sporting de Lisboa, Juventus ou Inter de Milán.  

 

A tempada do equipo celeste deixa tamén os seguintes triunfos: Campión de Liga, campión galego de fútbol 11, vencedor nos torneos de Oviedo e Diputación de Pontevedra e campión da Fase Noroeste da Danone Cup.  

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas