O Celta Alevín alcanza de xeito brillante as semifinais da Danone Nations Cup

semis.jpg

Tras liderar o seu grupo, superou en cuartos ao Villarreal e medirase ao Barcelona nas semifinais

 

O Real Club Celta Alevín está unha vez máis competindo a un enorme nivel, nesta ocasión na Final Nacional da Danone Nations Cup, que se desenvolve en Barcelona. O conxunto celeste foi o mellor do seu grupo tras vencer a Valencia (1-0) e Manresa (4-1) e empatar co Sevilla (2-2). Nos cuartos de final, os célticos derrotaron na tanda de penaltis ao Villarreal tras un choque que acabou en empate (1-1) e clasificáronse para as semifinais.

 

O Celta Alevín medirase mañá nesta rolda ao F.C.Barcelona a partir das 10.50 horas no Cornellá Power8 Stadium

 

Todos os goles en CETA TV: celtatv.interoud.tv

Leave a Reply

one × two =