Hemeroteca canteira

O Celta Alevín despídese do Torneo Nacional Blue BBVA de Fútbol 7

RC Celta

Alevin_F7_-_Brunete.jpg

Din adeus á competición na primeira fase, pero a súa entrega e o seu esforzo foron encomiables

 

Tras perder ante o Levante (0-2) e vencer ao Rayo Vallecano (3-1) onte, na primeira xornada do Torneo Nacional Blue BBVA Alevín de Fútbol 7, o Celta afrontaba o segundo día de competición coa necesidade de colleitar resultados positivos ante Málaga e FC Barcelona para acceder aos cuartos de final.

 

No primeiro partido da mañá vigueses e malagueños estiveron desacertados de cara ao gol. O encontro estivo moi igualado e finalizou con empate a ceros, un marcador que puña as cousas moi costa arriba para os intereses do Celta no torneo.

 

Os celestes estaban obrigados a conseguir o tres puntos no último partido da primeira fase para seguir con opcións de disputar a seguinte rolda do trofeo. Os alevíns célticos realizaron unha gran demostración de esforzo ante o Barcelona, un dos favoritos para alzarse co título, pero o futbolista culé Anssumane mostrouse implacable na área e anotou tres goles que non deixaron lugar á sorpresa.

 

O partido finalizou 3-0, resultado que deixa fóra da competición ao Celta. A pesar da eliminación os xogadores e o corpo técnico realizaron un gran traballo, do mesmo xeito que durante toda a tempada, e o club felicítalles por iso.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas