O Celta Alevín e o Benxamín brillan na Pinares Cup: campión e subcampión

Os equipos benxamín e alevín do RC Celta brillaron este fin de semana na Pinares Cup, prestixioso torneo de categorías inferiores que se celebra en Zaragoza. O Celta Alevín A proclamouse campión tras derrotar ao Athletic Club por sete a cero na final, mentres que o Benxamín A quedou subcampión ao caer un a cero ante o Real Madrid.

Entre os equipos participantes figuran, ademais dos apuntados, conxuntos como o Valencia ou Unionistas. Ademáis do título de campión, o Alevín colleitou varios trofeos individuais, entre eles ao mellor adestrador, Recondo, e mellor xogador, Andrés Antañón.