O Celta álzase con tres títulos na VigoCup 2013

VigoCup2013.jpg

Os celestes sub-10, sub-12 e sub-16 proclamáronse campións na XIII edición do torneo

 

A canteira do Celta demostrou un ano máis o seu bo estado de forma na VigoCup, o xa clásico torneo de fútbol base que organizan a Fundación VIDE e o Concello de Vigo. O estadio de Balaídos acolleu as finais o domingo nun gran ambiente deportivo.

 

O Real Club Celta non deu opcións aos seus rivais e alzouse con tres títulos por terceiro ano consecutivo. Na categoría sub-10 os celestes venceron por 9-0 ao Los Sauces e terminaron o campionato invictos. Os canteiráns de categoría sub-12 emularon o resultado dos seus compañeiros máis novos ao vencer tamén por 9-0 ante un Coruxo que deu a cara ata o asubío final.

 

A final máis disputada foi a dos sub-16. O Celta e a Clínica Sanas deleitaron ao público cun emocionante espectáculo que finalizou cun 2-2 no marcador. O vencedor decidiuse na quenda de penaltis, na que os célticos estiveron máis acertados que o seu rival (5-4).

 

O club felicita aos futbolistas do Celta polos triunfos cultivados, que non fan senón referendar a ilusión coa que a entidade viguesa acomete o seu proxecto de canteira. O Celta tamén quere dar a noraboa ao resto de campións e participantes, que demostraron un ano máis o bo nivel do fútbol local.

 

Fotografía: Fundación VIDE – www.vide.es

Leave a Reply

20 − three =