O Celta apuntala a súa aposta pola canteira coa renovación de Borja Fernández

borja - div honor
O centrocampista do xuvenil División de Honra será celeste as próximas catro tempadas

 

O Real Club Celta prosegue adiante co seu ilusionante proxecto de canteira. Tras a recente renovación de Yelko Pino, hoxe asina o seu novo contrato outra das máis firmes promesas da xuvenil División de Honra, Borja Fernández (Vigo, 1995).

 

O mozo centrocampista vigués vestirá a elástica celeste durante o próximas catro tempadas. Un novo puntal para a exitosa filosofía de canteira defendida polo club, que xa é aceno de identidade do Real Club Celta no fútbol nacional e internacional.

Borja, un dos futbolistas de maior proxección das categorías inferiores célticas, participou co primeiro equipo en partido amigable disputado no mes de outubro ante o Club Deportivo Lugo no estadio de Balaídos.

Con esta renovación o Real Club Celta continúa reforzando o seu decida aposta pola canteira. Ademais de Borja, nos últimos meses o club garantiu a continuidade de novos valores como Rubén Blanco, Jonny, Santi Mina, Jordan, Fernán, David Costas e Yelko Pino.

Leave a Reply

5 × 5 =