O Celta asegura a continuidade de Samu, outra xoven promesa celeste

samu-juvenil.jpg

O defensa xuvenil renova polas próximas tres tempadas con opción a dúas máis

 

O Celta pechou a renovación doutra das súas novas promesas, o lateral zurdo Samu, que prolonga a súa relación co club celeste polo próximas tres tempadas con opción a dúas máis.

 

A campaña pasada Samuel Araujo Fernández (Vigo, 1995) formou parte do Xuvenil A, subcampión da Copa de Campións de División de Honra e o mellor equipo xuvenil na historia do club.

 

O Real Club Celta, dentro da súa firme aposta polo fútbol basee, continúa traballando para manter na disciplina celeste aos canteiráns máis prometedores. Á renovación de Samu súmanse outras recentes, como a de Antón de Vicente, Maceira, Goldar ou Pablo Pérez.

 

Fotografía: Diego Pérez

Leave a Reply

one × 5 =