O Celta B abruma ao Arenas, pero queda sen premio: 0-0

Celta_B-Arenas.jpg

O filial dominou por completo a un duro rival nunha rolda de ascenso que se decidirá en Getxo

 

O Celta B puxo vontade, empeño, bo xogo e ocasións para levar unha clara vantaxe ao partido de volta da rolda final de ascenso a Segunda B. Non puido ser. O Arenas, brusco, duro e con oficio, levou un inmerecido empate sen goles que deixa a eliminatoria completamente aberta.

 

O filial puxo un elevado ritmo desde o inicio, con boas chegadas e xerando unha gran inquietude na zaga do Arenas, contundente até o límite. Camochu a punto estivo de anotar en dúas ocasións nos mimutos iniciais, de dominio abafador dos célticos, frustrados por un par de foses de xogo inexistentes que abortaron claras coasiones de gol.

 

Tras varias aproximacións con boas chegadas por banda, Aitor, aos 26 minutos dispuxo dunha gran ocasión, pero o seu remate, ao bordo da área pequena, saíu elevado. O Celta B metera ao seu rival atrás desde o inicio, cun gran xogo e entrando de forma espléndida por banda. Faltáballe o premio no aréa, que pisaba con frecuencia.

 

No tramo final, co Arenas tirando de oficio, o conjuntio local apertou ao máximo con chegadas constantes dos laterais e un bo número de balóns ao corazón da área que non atopaban o destinatario elixido. Aos 43 minutos, Aitor volveu penetrar pola esquerda, pero o seu remate acabou no lateral da rede. Foi a última ocasión dunha primeira metade excelente do Celta B, que merecía unha vantaxe que a fortuna lle negou.

 

Tras a continuación, o filial mantivo a intensidade e a ambición. Levy lanzou desde a frontal ao cinco minutos e o coiro rozou o pau dereito de Txemi. O Arenas, cada vez máis brusco, defendía con moita xente, moi atrás e cunha gran vehemencia.

 

Os vigueses non desfallecían ante un conxunto extremadamente duro, cada vez máis, que defendía co once xogadores no seu campo e buscaba algunha saída á contra con balóns longos cara ao seu referente ofensivo.

Aos 25 minutos, nova ocasión: Boa xogada pola dereita e balón solto na área para Santi Mina, cuxo lanzamento rebotó nun defensor e saíu moi preto do pau.

 

O Arenas apenas deixaba xa xogar con numerosas infraccións que ían desesperando aos poucos un filial que en calquera caso buscaba con empeño un gol que lle permitise encarar con vantaxe o partido de volta. Un lanzamento de Antón, a falta de cinco minutos, estivo a pounto de desquilibrar un encontro que só tiña unha dirección.

 

Nesta ocasión o fútbol non foi xusto e o Celta B quedou sen o premio que habia merecido. O ascenso xogarase no partido de volta en Getxo.

 

FICHA TÉCNICA

 

0-Celta B: Rubén, Kevin, Víctor Vázquez, David Costas, Maceira, Levy, Antón, Santi Mina (Félix, min.73), Aitor, Añón (Marcos Torres, min.79) e Camochu (Thaylor, min.86).

 

0-Arenas Club: Txemi, Gurtu, Pereda, Ramos (Ollora, min.56), Alzola, Txopi, Imanol (Jonan, min.81), Zumalakarregui, Goiría, Rober (Requejo, min.79) e Murci

 

Árbitro: Gijón Peñas, do comité castellano leonés. Amonestou a Maceira, Ramos, Pereda, Gurtu, Goría

 

Campo: Barreiro, máis de 2.000 espectadores.

 

Fotos: Diego Pérez

Leave a Reply

20 + seven =