Hemeroteca canteira

O Celta B ‘agasalla’ o empate ao Somozas no tempo engadido

RC Celta

Nunha acción desafortunada o céltico Maestre anotou en propia porta, co tempo reglamentario xa cumprido

 

VIDEO RESUMO EN CELTA TV

 

O Municipal de Pardiñas gozou un partido intenso e con alternativas para ambos os equipos desde o primeiro minuto. O Somozas fixo un bo exercicio de defensa, frustrando con efectividade as ofensivas celestes. Añón buscaba o gol con insistencia, pero o porteiro local parecía estar en estado de graza evitando até tres boas ocasións do dianteiro céltico. No minuto 48, segundos despois da mellor ocasión para o Somozas, Aitor logrou inaugurar o marcador para o conxunto olívico ao aproveitar un pase de Camochu.

 

O segundo tempo estivo marcado pola expulsión de Rubén Martínez con vermella directa. O Somozas aproveitou a superioridade numérica para presionar con maior decisión aos de Pichi Lucas. Co tempo regulamentario cumprido e o equipo local envorcado na área viguesa, unha xogada desafortunada terminou con gol en propia porta de Sergio Maestre.

 

FICHA TÉCNICA

1-Somozas: Paco, Ayala, Dani, Piscu (Jesu, min.77), Isma, Álex Bao, David Franch, Emilio, Edy, Carlos (Rubén, min.59), Denis e Alexandre

 

1-Celta B: Óscar Santiago, Soto, Maceira, Víctor, Maestre, Antón, Aitor (Benja, min.81), Madinda, Camochu, Rubén Martínez e Añón (Borja, min.87)

 

Goles: Aitor, min.48 (0-1); Maestre en propia porta, min.93 (1-1)

 

Árbitro: Fernández Lodeiro. Amonestou con amarelo a Edy, Camochu e Añón. Mostró vermello directo a Rubén Martínez (min.75)

 

Campo: Municipal de Pardiñas

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas