O Celta B cae ante a Unión Adarve na recta final do partido (1-0)

O filial celeste perdeu no complicado campo da Unión Adarve cun tanto encaixado nos últimos minutos do choque. O partido estivo aberto para os dous equipos e os vigueses, con máis posesión, dispuxeron de suficientes ocasións para adiantarse no marcador. Os locais deron un paso á fronte na segunda parte, esixindo máis á defensa olívica.

A expulsión de Héctor no minuto 70 parecía dar máis posibilidades ao Celta B, pero os galegos non aproveitaron a súa superioridade numérica e, a falta de dez minutos para o final, encaixaron o gol da derrota. Os canteiráns célticos reciben a próxima xornada ao Atlético de Madrid B en Barreiro.

FICHA TÉCNICA

1-UNIÓN ADARVE: Parra, Juanma, Nicho, Olmedo (Cassano, 46′), Juanma, Jesús Bernal, Héctor, Ángel (Iván Mateo, 66′), Fran García (Jacobo, 77′), Gianni, Garci.

0-CELTA B: Sotres, Riki, Alende, Robert, Tià, Agus (Aarón Rey, 83′), Juan Hdez., Molina (Pastrana, 89′), Lobos (Dennis, 81′), Ros, Pampín.