O Celta B cae ante o Salamanca UDS e xogarase a permanencia no playout

Non puido ser. O Celta B afrontaba o partido ante o Salamanca UDS en Barreiro, último choque da tempada, co obxectivo de sumar tres puntos que lle permitisen asegurar a súa praza na Segunda División B a próxima campaña. Os celestes foron todo arroxo e entrega, dominaron a posesión e gozaron de multitude de ocasións, pero foi o Salmantino quen se mostrou máis eficiente de face a portaría.

Os de Albés lograron neutralizar o tanto inicial dos visitantes, pero no segundo tempo volveron encaixar. A pesar do arroxo dos mozos célticos, o marcador non se moveu e a tempada finaliza co Celta B na décimo sexta posición. O filial celeste xogarase a permanencia no playout e coñecerá ao seu primeiro rival este luns: Real Unión, Jumilla ou Alcoyano.

XI Celta B: Iván Villar, Carreira, Alende, Ros, Pampín, Rai, Serrano, Solís, Bermejo, Iban Salvador e Apeh.