Hemeroteca canteira

O Celta B cae ante un Racing eficaz no primeiro tempo

RC Celta

O filial celeste non logrou materializar as súas ocasións en El Sardinero  (3-1)

 

O Celta B caeu en Santander cun resultado inmerecido polas ocasións vistas durante o encontro. O Racing foi efectivo no primeiro tempo e con iso bastoulle para superar aos célticos, que puideron regresar do Sardinero con polo menos un punto.

 

Os locais adiantáronse na súa primeira chegada á portaría defendida por Óscar Santiago, no minuto 15. Rubén Durán foi autor do primeiro tanto da tarde. Os celestes non tardaron en replicar ao rival e, pouco máis de cinco minutos despois, Marcos Torres puxo o empate no marcador tras aproveitar un rexeite a un bo disparo de Thaylor.

 

Tras un par de ocasións para ambos os conxuntos, a polémica apareceu na área cántabra por un posible penalti non pitado a favor do equipo vigués. Ao pouco, Agustín volveu pór en vantaxe ao Racing co 2-1, no minuto 34. O filial puña empeño no ataque, pero sen éxito, mentres que os santanderinos non perdoaron na súa seguinte chegada e aumentaron as diferenzas por medio de Koné

 

No segundo tempo as ocasións escasearon. O árbitro anulou acertadamente un gol do Racing en fóra de xogo, mentres que o Celta B non foi capaz de xerar perigo na área rival salvo por momentos puntuais.

 

FICHA TÉCNICA

 

3-RACING: Mario, Orfila, Agustín, Juanpe, Iñaki, Javi Soria, Granero, Lafuente, Miguélez, Rubén Durán e Koné

 

1-CELTA B: Óscar Santiago, Soto, Jordan, Goldar, Antón, Maceira, Borja Domínguez, Yelko Pino (Borja Fernández, min.76), Marcos Torres (Borja Iglesias, min.76), Aitor (Fernán, min.55) e Thaylor

 

Goles: Rubén Durán, 1-0 (min.15); Marcos Torres, 1-1 (min.21); Agustín, 2-1 (min.36); Koné, 3-1 (min.42)

 

Árbitro: Suberbiola Zúñiga, do colexio vasco

 

Campo: El Sardinero

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas