Hemeroteca canteira

O Celta B cae en Barreiro ante un bo Racing de Ferrol

RC Celta

Celta_B_-_Borja_FDZ_-_1314.jpg

Víctor Vázquez logrou o tanto da vitoria visitante con moita fortuna aos cinco minutos de xogo 

 

O Celta B non puido en Barreiro cun excelente Racing de Ferrol, que adquiriu a súa vantaxe con moita fortuna ao cinco minutos de xogo e despois defendeu con solvencia o tanto que lles daba a vitoria. O filial tentouno até o final nun partido intenso ante un bo rival.

 

Ao cinco minutos, falta lateral, rebote e gol, case sen querer, de Víctor Vázquez, que non celebrou o tanto. Infortunio para o filial no arranque dun partido que aínda se estaba desperezando. O Celta B, moi presionado desde arriba polo rival, comezou aos poucos a chegar por ambas as bandas, cun gran empuxe para tratar de desfacer a desvantaxe.

 

O Racing propuxo orde e control para frear o ímpeto celeste, e logrouno na seguinte fase do encontro. Os visitantes tocaron con precisión para desactivar a presión do Celta B e defenderon con eficacia a súa vantaxe. Puido aumentar aos 30 minutos cun man a man de Vela ante Rubén, quen tapou ben e logrou desviar o coiro.

 

O partido apenas deparaba oportunidades, positivo para os ferroláns, que tiñan o partido no punto que querían. Non houbo novidade até o descanso.

 

Tras a continuación, gran oportunidade para o filial. Boa arrancada de Añón, remate desde a frontal e excelente intervención de Camacho. O Celta B saía a por todas desde o primeiro minuto ante un rival moi sólido e compacto que xeraba perigo en cada contra.

 

Os celestes tentábano sen desmaio, pero as súas chegadas morrían na frontal da área rival, extraordinariamente protexida. Como a celeste. Aos 34 minutos, paradón de Rubén, que sacou un balón que buscaba a escuadra.

 

O filial apertaba arriba ao Racing en busca do empate e deixaba espazos ás súas costas que os visitantes trataban de aproveitar. Rubén volveu sacarlle pouco despois un man a man a Vela.

 

FICHA TÉCNICA

 

0-Celta B: Rubén, Marcos Torres, Soto, Antón, Maceira, Borja Fernández (Javi Rey, min.68), Jordan, Yelko, Añón, Thaylor y Borja Iglesias (Aitor, min.57)

 

1-Racing de Ferrol: Camacho, Rubén, Víctor Vázquez, Antonio, Pumar, Yosu (Marcos Álvarez, min.68), Dani Rodríguez, Vela, Pablo Rey, Manu Barreiro (Jorge Rodríguez, min.87) e Iago Iglesias (Iván Forte, min.57)

 

Goles: 0-1, min.5: Víctor Vázquez

 

Árbitro: Alonso de la Lama, del comité asturiano.  Amonestó a Borja Fernández, Pablo Rey, Rubén, Javi Rey, Yosu, Pumar, Iván Forte

 

Campo: Barreiro, unos 1.200 espectadores      

 

Fotografía: Diego Pérez

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas