O Celta B cae pola mínima ante o Verín

escudogrande.jpg

Verineses e vigueses enfrontáronse con motivo do II Memorial Carlos Pérez, ex xogador do RC Celta

Verín CF e Celta B medíronse este sábado no José Arjiz para lembrar e homenaxear ao verinés e ex xogador celeste Carlos Pérez, tristemente falecido en 2006. O conxunto local adiantouse no marcador pronto, no minuto 15, cun tanto de David Soares que finalmente sería o da vitoria. No primeiro tempo as forzas estiveron igualadas, pero tras a continuación o filial céltico acaparou a posesión do balón e dominou o xogo, aínda que sen lograr materializar a súa superioridade. O encontro finalizou con vitoria por 1-0 a favor do Verín CF.

FICHA TÉCNICA

1 – VERÍN CF: Diego, Fran (Pablo García, min 70), Mario (Saúl, min 46), Marcones, Roca (Ginzo, min 72), Lamelas, Viti (Iago Fernández, min 62), Quini (Vicente, min 72), Soares, Beceiro (Luisito, min 62) e Karim (Alberto, min 46). 

0 – CELTA B: Iván Villar, Kevin (Adrián, min 75), Samuel, Del Amo, Alende (Goldar, min 46), Borja Fernández, Rioja, Jordan (Guille, min 50), Borja Iglesias, Julio (Javi Que, min 82) e Rubén Ramiro. 

Goles: David Soares, min.15 (1-0). 

Árbitro: Mazaira.

Leave a Reply

3 × 5 =