Hemeroteca canteira

O Celta B cae pola mínima baixo o diluvio

RC Celta

aviles_celta_b_21114.jpg

O Langreo marcou na primeira metade á saída dun córner e o filial non aproveitou as súas ocasións

 

O Celta B caeu pola mínima en Langreo baixo un incesante diluvio e nun campo, de céspede artificial, que acabou completamente encharcado. Os celestes encaixaron na primeira metade á saída dun córner e non aproveitaron as súas ocasións, algunhas moi claras, para polo menos empatar o choque.

 

Arrincou mellor o Langreo, con varias chegadas e xogadas a balón parado. O Celta B aguantou o tirón inicial e igualou o choque, no que puido marcar con boas ocasións de Jordan e Borja Iglesias.

 

A igualada primeira metade desequilibrouse no tramo final. Aos 36 minutos Nuño desviou o xusto un saque de esquina moi pechado para adiantar ao cadro local. Ata o descanso, poucas ocasións e comodidade para o Langreo.

 

Tralo descanso, co campo xa moi encharcado, o filial intentou irse arriba en busca do empate ante un rival moi pechado que buscaba a contra para sentenciar. O porteiro local luciuse para evitar en tanto de Borja Iglesias aos 16 minutos. Pouco despois, outra boa ocasión para un Celta B que buscaba o gol con empeño.

 

Javi Rey tampouco tivo fortuna nun bo remate coa esquerda nunha nova ocasión para os celestes, que trataban con fe e un gran desgastar de superar as dificultades que presentaba o terreo de xogo.

 

Finalmente, o conxunto celeste non puido igualar o choque, no que o fútbol foi aos poucos devorado polo auga.

 

1-U.P. Langreo: Adrián Torre, Dani Hevia, Borja Fernández, Nuño, Blanco, Fanjul, Guille Mendez (Acebal, min.63), Nacho Calvillo, Robi, Robert (Ramón, min.83) e Ortiz

 

0-Celta B: Óscar Santiago, Kevin, Soto, De Amo, Samu, Jordan, Omar Borja Fernández (Javi Que, min.58), Borja Dominguez, Jordan (Javi Rey, Min.63), Omar, Thaylor e Borja iglesias

 

Goles: 1-0. Min.36: Nuño

 

Árbitro: Gorostegui Fernández, do comité vasco. Expulsou a De Amo (min.90) e amonestou a Samu, Javi Rey, Fanjul

 

Campo: Nuevo Ganzábal

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas