O Celta B cae pola mínima en Valladolid

jordan.jpg

Os celestes, en inferioridade numérica, encaixaron o gol da derrota no minuto 87

 

O Celta B, en inferioridade numérica desde o minuto 52, caeu pola mínima en Valladolid ao encaixar un desafortunado tanto na recta final do encontro.

 

O partido chegou ao descanso sen goles, tras un primeiro tempo con escasas ocasións de gol por parte de ambos os equipos. Tras a continuación o equilibrio de forzas mantívose até o minuto 52, momento no que o filial céltico quedou cun home menos pola expulsión do central David Soto.

 

O adestrador celeste substituíu ao atacante Julio Delgado polo defensa Goldar para manter a solidez defensiva en inferioridade numérica. O equipo vigués demostrou unha actitude encomiable para lograr puntuar en circunstancias adversas, pero o bo labor do Celta B viuse lastrada por unha xogada a balón parado no minuto 87, finalizada cun remate de cabeza de Fran Non que supuxo o definitivo 1-0.

 

FICHA TÉCNICA

1-VALLADOLID B: Julio, Deve, Brian, Ramiro, Casado, Espinar, Ángel, Anuar, Vega, Navas e Toni

 

0-CELTA B: Óscar, Kevin, Soto, De Amo (Javi Que, 89′), Samu, Borja Domínguez, Jordan, Omar Santana, Julio Delgado (Goldar, 55′), Thaylor (Luis Rioja, 68′) e Borja Iglesias

 

Goles: Fran No, 87′ (1-0)

 

Árbitro: Leo Ollo, do comité navarro. Expulsou a Soto (52′) e amonestou a Goldar e Omar Santana

 

Campo: Anexos do José Zorrilla

Leave a Reply

eleven − 5 =