O Celta B, campión do Triangular de Negreira

escudo_grande.jpg

Os canteiráns seguen invictos esta pretempada tras vencer onte a Bergantiños e SD Negreira

 

O Celta B está a rexistrar uns resultados sobresalientes nesta pretempada. Os canteiráns celestes aínda non coñeceron a derrota en ningún dos partidos preparatorios disputados ata a data. O conxunto adestrado por Fredi Álvarez xogou onte en Negreira un torneo triangular do que se proclamou campión tras vencer con igual resultado, 2-0, ao Bergantiños e á SD Negreira.

 

No primeiro encontro Álvaro Casas e Borja Iglesias foron os goleadores, mentres que ante o club anfitrión Thaylor e Soto foron os autores das dianas. O filial céltico disputa esta tarde outro torneo triangular, nesta ocasión na Estrada ante o Estradense (20:30h) e o Pontevedra (21:30h).

Leave a Reply

5 + twenty =