O Celta B comeza a súa posta a punto este luns

CeltaB_-_Celebracion.jpg

O filial celeste ten programados ata o momento sete partidos, entre ellos varios triangulares

 

A pretempada do Celta B arranca este luns 22 de xullo nas instalacións deportivas da Madroa (10:30 horas). Os xogadores autores do ascenso, algúns xuvenís que dan o salto ao filial e as dúas incorporacións realizadas ata o momento, os galegos Borja Iglesias e Javi Rey, comezarán a preparar con ilusión o regreso do equipo á Segunda División B.

O Celta B complementará os adestramentos con varios partidos preparatorios ante rivais autóctonos como Alondras, Coruxo, Ourense ou Rápido de Bouzas entre outros.

 

Domingo 28 de xullo

Triangular de Teo: Ourense, Boiro, Celta B

Mércores 31 de xullo

Triangular de Gondomar: Gondomar, Areas, Celta B

Domingo 4 de agosto

Coruxo-Celta B

Domingo 6 de agosto

Trofeo Zona Franca (Baltasar Pujales): Rápido de Bouzas, Coruxo, Celta B

Sábado 10 de agosto

Portonovo-Celta B

Xoves 15 de agosto

Erizana-Celta B

Domingo 18 de agosto

Alondras-Celta B

 

Fotografía: Diego Pérez

Leave a Reply

7 − two =