O Celta B comeza a tempada puntuando en campo rival

mutilveraceltab1617

 

Un Celta B moi serio e ordenado acariñou a vitoria no campo do Mutilvera. Juan Hernández adiantou aos vigueses mediado o segundo tempo ao rematar con acerto unha boa asistencia de Brais Méndez.

 

Os celestes gozaron de varias ocasións para aumentar a súa renda goleadora ante un rival batallador. Cando a vitoria xa parecía asegurada, os locais marcaron o tanto do empate. Corría o minuto 89. O filial céltico recibirá a próxima xornada en Barreiro ao Racing Club de Santander, o domingo 28 de agosto ás 12:00.

 

FICHA TÉCNICA

1-Mutilvera: De Prados, Artaso, Sebastián Gómez (Contreras, 86′), Monreal, Albisu, Morillas, Abaurrea, Jacoisti, Laborda (Barbarin, 54′), Ibero, Íñigo García (Ederra, 74′).

 

1-Celta B: Néstor, Kevin, Castellano, Riera, Samu, Ros, Agus Medina (Brais Méndez, 64′), Juan Hernández (Solis, 89′), Gus Ledes, Borja Iglesias, Hicham (Adri Rodríguez, 87′).

 

Árbitro: Diez Cano, do comité castellano-leonés. Amonestou ao local Jacoisti e a os visitantes Gus Ledes, Juan Hdez., Adri Castellano e Samu.

 

Campo: Mutilnova.

Leave a Reply

2 × three =