O Celta B comezou a carburar cun triangular en Salceda

Apenas cinco días despois de reiniciar os adestramentos, o Celta B afrontou o seu primeiro compromiso estival, un triangular en Salceda no que se mediu ao Caselas e o Coruxo. Os celestes perderon 2-1 no seu primeiro encontro, ante o Coruxo, a pesar de adiantarse cun tanto de Dani Vega. No segundo partido, ante o conxunto local, os de Albés se desquitaron cun 3-0 no que Manu Farrando, Álex Rey e David Álvarez foron os goleadores. O Coruxo FC proclamouse campión do torneo.

Foto: Coruxo FC