O Celta B competirá esta tempada en Segunda División B

CeltaB_1314_celebracion.jpg

A RFEF confirmou hoxe que a praza dispoñible é para o filial celeste

O Celta B competirá esta tempada en Segunda División B. O club fíxose cunha praza dispoñible e o filial recupera desta maneira a categoría, un paso importante para reforzar a formación dos rapaces da canteira celeste.

O Real Club Celta completou a pasada semana os trámites necesarios para facerse coa praza e a Federación Española confirmou hoxe a presencia do filial na categoría de bronce, o que permitirá ao club impulsar a formación dos futbolistas célticos.

 

O filial, con Fredi Álvarez á fronte, comezou o pasado mércores a pretempada, xa enfocada a competir en Segunda División B.

Leave a Reply

13 + three =