Hemeroteca canteira

O Celta B consolídase na parte alta da táboa

RC Celta

celta_b_tudelano_291016.jpg

 

Tras dúas derrotas consecutivas, o Celta B regresou á senda da vitoria cun solvente 0-2 no campo da UD Somozas. Os de Menéndez dominaron o partido e chegaron ao descanso con vantaxe no marcador grazas a un impresionante tanto de Borja Iglesias, quen regateou a varios defensas antes de bater ao porteiro rival.

 

Un penalti ao comezo do segundo tempo supuxo unha boa lombeirada aos intereses celestes. O santiagués Borja Iglesias non fallou na execución da pena máxima e asinou un dobrete que permitiu ao filial sumar tres puntos que o consolidan na parte alta da clasificación. Barreiro acollerá a próxima xornada o derbi vigués ante o Coruxo FC, sexto clasificado.

 

FICHA TÉCNICA

0-Somozas: Mandaluniz, Cristian Pérez, Artabe, No, Antonio López (Antonio Rodríguez, min.73), Baleato, Quevedo (Maceira, min.45), Rami (Íñigo, min.61), Arkaitz, Amaro, Pablo Antas.

 

2-Celta B: Iván, Kevin, Alende, Roger, Samu, Borja Fernández, Gus, Brais (Agus, min.81), Juan (Joao, min.23), Hicham (Adrián, min.86), Iglesias.

 

Goles: 0-1, min.33: Borja Iglesias; 0-2, min.48: Borja Iglesias, de penalti.

 

Árbitro: López Toca, do comité cántabro. Amonestou a Amaro, Cristian, Rami (Somozas); Borja Fernández, Borja Iglesias (Celta).

 

Campo: Manuel Candocia.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas