O Celta B da un gran paso no play off

Os célticos venceron 0-2 ao CD Cortes. O partido de volta, o próximo domingo en Barreiro.


 

O Celta B disputou esta tarde a ida da primeira eliminatoria do play off de ascenso a Segunda División B. Os vigueses atopáronse un campo de condicións duras e un equipo, o CD Cortes, que se fai forte no seu feudo. O encontro arrincou moi igualado e ambos os conxuntos gozaron de oportunidades, a máis clara de Camochu que fallou no un contra un co porteiro.

 

No segundo tempo Pichi Lucas deu entrada a Benja e o dianteiro respondeu con fartura. Pouco antes do minuto 75 o futbolista de Nigrán adiantou ao Celta B no marcador. A expulsión de Camochu por dobre amarela complicou o partido ao filial céltico, que aínda así logrou sobreporse e sentenciar o encontro con outro gol de Benja.

 

0-2 que deixa a eliminatoria moi a favor do Celta B. Os canteiráns disputarán o partido de volta o vindeiro domingo 2 de xuño no Campo de Barreiro.

Leave a Reply

two × 3 =