O Celta B, de menos a mais, supera con mérito ao Unión Adarve en Barreiro (3-1)

celta_b_adarve_wb1_3917.jpg

 

O celta B sumou unha nova vitoria en Barreiro (3-1) ante un correoso rival que non baixou os brazos en ningún momento e esixiu máximo esforzo ata o final. Juan Hernández anotou dous tantos e Drazic, moi activo, deixou un golazo desde a frontal.

 

O Celta B adiantouse aos 17 minutos tras un pase xenial de Drazic a Juan Hernández, quen definiu con precisión ante o porteiro. A vantaxe durou apenas un suspiro. O rival empató aos 23 minutos cun cabezazo de Fran á saída dun córner. Nunha primeira metade moi disputada, a diferenza marcárona os fóra de xogo, máis que axustados, sinalados aos atacantes dun filial incómodo ante a boa presión do rival.

 

Trala reanudación, Drazic topouse co porteiro en inmellorable posición tras unha enorme xogada de Kevin. Ocasión tremenda para o filial. O ariete celeste resarciuse aos 10 minutos cun auténtico golazo, un remate desde a frontal pola escuadra que Barreiro festexou ao grande.

 

Cinco minutos despois, gran triangulación no área, con taconazo de Drazic incluído, e excelente remate á media volta de Juan Hernández á rede. O filial adquiría unha boa renda froito da súa decisión e ambición. E puido ampliala en varias ocasións. Boa vitoria dun Celta B aínda en constrrucción qyue vai mellorando cada partido.

 

3-Celta B: Sotres, Juan Ros (Kevin, min.46), Diego Alende, Robert Costa, Pampín. Solís, Rai, Draciz (Dennis, min.76), Brais (Aarón Rey, min.65), Agus e Juan  Hernández

 

1-Unión Adarve: Cristian, Jesús, Olmedo (Adrián, min.64), Juanma, Leo (Darío, min.27), Moré, Alberto (Gian, min.75), Héctor, Mateo, Ángel e Fran

 

Goles: 1-0, Juan Hernández; 1-1, min.23: Fran; 2-1, min.55: Drazic; 3-1, min.60: Juan Hernández

 

Árbitro: Gao Aladro, do comité asturiano. Amonestou a Ángel, Alberto, Héctor e Agus  

 

Campo: Barreiro, uns 1000 espectadores  

Leave a Reply

three × 1 =