Hemeroteca canteira

O Celta B derrota ao Marino con dous golazos

RC Celta

celtab-marino-040115.jpg

Thaylor e Pucheta puseron os goles nun encontro dominado en todo momento polos celestes (2-0)

O Celta B dominou o primeiro tempo en Barreiro ante un Mariño de Luanco acazapado que agardaba a oportunidade de golpear á contra. Os celestes manexaron a batuta do xogo en todo momento, aínda que sen lograr resolver en gol ningunha xogada.

 

A ocasión máis clara para os vigueses tívoa o central Soto, quen se topou co balón na área pequena e non puido rematar coa suficiente contundencia como para sorprender ao gardameta asturiano. A pesar da superioridade céltica a primeira parte pechouse cunha gran oportunidade para o Mariño de Luanco, un remate a porta baleira que Kevin despexou sobre a mesma liña de gol.

 

Tras a continuación o Celta mantivo a súa superioridade e intensificou a súa presenza na área rival. Os célticos gozaron de varias situacións nas que puideron adiantarse no marcador, como unha gran combinación do ataque vigués que finalizou Omar cun disparo cruzado demasiado desviado. O partido achegábase ao minuto 70 cando Thaylor cabeceou un balón ás mans do porteiro, un primeiro aviso do que viría a continuación.

 

No minuto 72 Thaylor recolleu un balón en liña de tres cuartos, desfíxose do seu defensor e no man a man co porteiro definiu con inmensa calidade. Gran tanto do dianteiro celeste que levantou á bancada de Barreiro. Os canteiráns da Madroa mantiveron a súa vocación ofensiva até o minuto final e resolveron sen problemas as escasas situacións de perigo xeradas polo Mariño.

 

Pouco antes de ser substituído, Thaylor deixou outro detalle de calidade cun control dirixido na frontal da área que rematou desviado. Xa no tempo de desconto Pucheta cegou cun golazo. O arxentino coou o balón por toda a escuadra para pór o definitivo 2 a 0 no electrónico de Barreiro.

FICHA TÉCNICA

2-CELTA B: Óscar Santiago, Kevin, Soto, De Amo, Crespo, Borja Domínguez, Jordan (Brais Méndez, min.77), Javi Rey, Luis Rioja, Omar (Pucheta, min.65) e Thaylor (Javi Que, min.82)

0-MARINO: Rafa Ponzo, Pablo Suárez, Guaya, José Ángel, Espolita, Álex Blanco, Omar (Prendes, min.82), Dudi, Naya (Yeo, min.78), Imanol (Merino, min.68) e Fran Pastor

Goles: Thaylor, 1-0 (min.72); Pucheta, 2-0 (min.92)

Árbitro: Ripoll Solano, do comité balear. Amonestou a Guaya, Javi Rey, Dudi, Espolita

Campo: Barreiro (500 espectadores)

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas