O Celta B despide o ano ao grande no Vao

coruxo_celta_b_web_211214.jpg

Os celestes superaron con claridade ao Coruxo (0-2) con goles de Borja Fernández e Omar

 

O Celta B pechou o ano cunha gran vitoria no derbi vigués. Os célticos adaptáronse con mestría ás esixencias do partido e despregaron garra, entrega e concentración cando era necesario e xogo e paciencia cando se requiría. Borja Fernández e Omar anotaron os tantos do filial para superar ao Coruxo en O Vao por primeira vez en O Vao nesta categoría.

 

A primeira metade foi desgaste, pugna e solidez. O Celta B priorizou, empuxado polo seu rival, a solidez defensiva e a presión no centro do campo para buscar ataques veloces tras cada recuperación. Poucas ocasións e moita batalla até o descanso, que chegou sen movemento no marcador.

 

Tras a continuación, o filial deu un paso adiante, cun espléndido Omar no campo, e apontoou as súas anteriores virtudes con fútbol combinativo e verticalidade.

 

Tras varias chegadas celestes, Borja Fernández, aos 19 minutos, desnivelou o choque cun gran remate desde a frontal, un magnífico golpeou de primeiras co interior para aloxar o coiro na rede do Coruxo.

 

O medio centro celeste rompeu cinco minutos despois por dentro para asistir a Omar. Quen rematou á rede no segundo pau o envío do capitán céltico.

 

O Coruxo, que en ningún momento baixou os brazos, tentou con empeño meterse de novo en elpartido, pero topouse coa solvente zaga e o acertado porteiro do filial, que aínda puido aumentar a súa vantaxe en varios contragolpes. Gran vitoria para pechar o ano.

 

FICHA TÉCNICA

0-CORUXO FC: Brais, Cristóbal, Álex Fernández, Luciano (Mella, min.66), Cifuentes, Moscardo, Pedro Vázquez, Antúnez (Ben, min.69), Alberto García, Pardavila e Aitor Aspas

 

2-CELTA B: Óscar Santiago, Kevin, Soto, De Amo, Pablo Crespo, Borja Fernández (Javi Rey, min.83), Borja Domínguez, Jordan, Luis Rioja, Javi Que (Omar Santana, min.46) e Borja Iglesias (Thaylor, min.70)

 

Goles: Borja Fernández, 0-1 (min. 64); Omar Santana, 0-2 (min. 69)

 

Árbitro: Villoria Linacero, do comité madrileño. Amonestou a Jordan, Omar Santana e Javi Rey

 

Campo: O Vao

Leave a Reply

five − 5 =