O Celta B empata 2-2 ante o Racing de Ferrol

escudo_grande.jpg

Borja Iglesias e Samu foron os goleadores ante un dos rivais dos celestes na 2ªB

 

Os canteiráns do Celta B volveron colleitar un resultado positivo nesta pretempada. O filial céltico empatou 2-2 ante o Racing de Ferrol, rival que os celestes atoparanse no Grupo 1 da Segunda División B. Borja Iglesias e Samu foron os goleadores do equipo vigués nun partido disputado en Cedeira con motivo do Memorial Miguel Lóppez Pérez. 

 

O Celta B comezará a súa participación ligueira o próximo sábado 23 de agosto ás 17:00 horas no campo do CD Lealtad (Villaviciosa, Asturias).

Leave a Reply

ten + five =