escudo_grande.jpg
Hemeroteca canteira

O Celta B empata ante o Mirandela e mantense invicto en pretempada

RC Celta

escudo_grande.jpg

Os celestes adiantáronse cun gol de Thaylor. O empate chegou desde o punto de penalti (1-1)

 

O Celta B non deixa de rexistrar resultados positivos. O conxunto adestrado por Fredi Álvarez sumou este fin de semana un empate na presentación oficial do SC Mirandela, club da II Divisão, e mantén a súa condición de invicto en pretempada tras catro partidos preparatorios. Os canteiráns adiantáronse no marcador cun gol de Thaylor, no primeiro tempo, pero a falta de dous minutos para a finalización do encontro, o conxunto local logrou a igualada desde o punto de penalti.

 

ONCE CELESTE ANTE O SC MIRANDELA:

Ángel, Soto, Pablo García, Álvaro, De Amo, Crespo, Thaylor, Brais Javier Qué, Julio e Berto. Tamén xogaron: Iván, Igor, Miguel Loureiro, Pape Diop, Hugo, Luis Rioja, Manu Vilán e Borja Iglesias.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas