O Celta B empata en Mutilva e métese na última eliminatoria de ascenso

mutilvera_celta_b_16613.jpg

Partido serio dos celestes ante o cadro navarro con tantos de Camochu e Thaylor

 

 

O Celta B selou en Mutilva o seu pase á terceira e definitiva eliminatoria de ascenso a Segunda B tras empatar a dous tantos co conxunto local nun partido de moita intensidade e pouca pausa. Camochu e Thaylor anotaron os goles dun filial netamente superior ao Mutilvera nesta segunda rolda.

 

O Celta B contrarrestou con paciencia, solidez e solvencia o ímpetu inicial do Mutilvera, obrigado a empuxar con forza para tratar de remontar os dous goles de vantaxe dos celestes no partido de ida. Os navarros trataron de meter ao filial no seu campo con balóns longos que no tramo inicial non fixeron dano algún á zaga viguesa.

 

O cadro celeste, con calma, sen presa, trataba de saír á contra, esperaba a súa oportunidade. Na súa primeira chegada, acertou. Demodedor. Aitor chegou pola esquerda, puxo o centro e Camochu cabeceou á rede anticipándose á zaga local. O Celta B aseguraba o seu pase á terceira e última rolda de ascenso a Segunda B con este tanto que obrigaba aos navarros a anotar catro goles.

 

Añón puido anotar o segundo cun remate desde a frontal tras un bo recorte, pero Aitor, ben colocado, atrapou o coiro. Camochu, pouco despois, aos 23 minutos, encarou ao meta nunha contra, pero de novo o balón acabou nas mans do porteiro local. Dúas boas ocasións consecutivas para o filial, que, con todo, un minuto despois encaixou o empate. Marco rematou á escuadra para elevar un ápice o ánimo do Mutilvera.

 

Camochu, moi activo, lanzou con moito perigo desde a frontal no minuto 27 nunha nova chegada dos celestes. O balón saíu moi preto do pau de Aitor. Ata o descanso, o filial controlou o choque sen problemas.

 

Trala reanudación, infortunio. Falta lateral aos 3 minutos que lanza Txitxo, se envenena e o coiro cóase na rede de Óscar. Camochu cabeceou fora inmediatamente despues tras un centro de Añón. Máis ánimo para a afección e o equipo locais, que recuperaron unha parte da esperanza perdida na primeira metade

 

O Mutilvera volveu apertar con balóns longos e unha forte presión na saída de balón dos celestes, que trataban de arrefriar o choque e ao agresivo conxunto local. Añón, aos 23 minutos, recibiu de Borja con espazos, pero o coiro foise alto.

 

O partido liouse nos seguintes minutos, con moitas faltas e imprecisiones, ata que xa no cuarto de hora final, o filial tomou o mando e encadenó varias chegadas con perigo. E aos 35 minutos, gran contra, parede entre Félix e Thaylor e o xuvenil remata a gol a porta baleira.

O flilial superou con solvencia a esixencia do Mutilvera para chegar con holgura á última eliminatoria de ascenso.

 

FICHA TÉCNICA

 

2-U.D. Multivera: Aitor, Cisneros, Albisu, Sergio, Izco (Bari, min.67), Almagro (Barbarin, min.69), Txitxo, Extieder, Íbero (Ederra, min.46), Marco e Gil

 

2-Celta B: Óscar, Kervin, Víctor Vázquez, David Costas, Maceira, Antón, Borja, Aitor (Félix, min.46), Rubén Martínez, Añón (Marcos Torres, min,.68) e Camochu (Thaylor, min.62)

 

Goles: 0-1, min.13: Camochu; 1-1, min.24: Marco; 2-1, min.48: Txitxo; 2-2, min.80: Thaylor

 

Árbitro: Sáez de Adana, do comité vasco,. Amonestó a Cisneros e Víctor Vázquez

 

Campo: Valle de Aranguren

 

Foto: Diego Pérez

 

 

Leave a Reply

one + 8 =