O Celta B exerce de líder cunha contundente goleada ao Somozas (6-0)

celtabsomozas1617.jpg

 

Inmenso partido do Celta B ante o Somozas. Os vigueses exerceron de líderes e superaron por completo ao seu rival, ao que golearon con goles de Borja Fernández, Juan Hernández, Hicham e Borja Iglesias cun triplete. O dianteiro santiagués acumula vinte e oito dianas esta tempada, toda unha marca na historia do filial céltico.

 

Vendaval celeste desde o asubío inicial. O “Panda Team” saíu a por todas ante o Somozas, disposto a demostrar por que é o líder, e vaia se o demostrou. Non transcorreran nin dez minutos de xogo e os de Menéndez púñanse por diante no marcador con dous goles de equipo, o primeiro de Borja Fernández e o segundo de Iglesias.

 

Non se detivo aí a colección de goles celestes. Antes do descanso Juan Hernández, que anteriormente enviara un balón á madeira, e Borja Iglesias aumentaron a vantaxe do equipo vigués. Foi un partido totalmente dominado polo Celta B en todas as súas facetas ante un Somozas incapaz de inquietar a Néstor, porteiro céltico, nin unha soa vez.

 

O guión do encontro non sufriu variacións tras a continuación e o cadro olívico certificou a vitoria con tantos de Hicham e o terceiro de Borja Iglesias. O Celta B mantén o liderado con 74 puntos e a próxima xornada visitará o campo do Coruxo (sábado, 18:00).

 

FICHA TÉCNICA

6-CELTA: Néstor, Kevin, Alende, Samu (Robert, min.59), Castellano, Ledes, Borja Fdez., Brais, Juan Hdez (Joao, min.55), Hicham (Dani Molina, min.76), Borja Iglesias.

 

0-SOMOZAS: Molina, Cristian, Manu, Pablo, Baleato, Peter, Arkaitz, Óscar Sielva, Jaume (Pedrosa, min.65), Pancho, Iván Pérez.

 

Goles: Borja Fernández, 1-0, min.5; Borja Iglesias, 2-0, min.7; Juan Hdez., 3-0, min.24; Borja Iglesias, 4-0, min.31; Hicham, 5-0, min.60; Borja Iglesias, 6-0, min.66.

 

Árbitro: Domínguez Zapatero, do comité castelán leonés. Amonestou a Robert (Celta); Fran Núñez, Peter (Somozas).

 

Campo: Barreiro.

Leave a Reply

nineteen − eleven =