O Celta B faise forte en Barreiro (1-0)

O Celta B encadeou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva como local e o cuarto partido en Barreiro sen coñecer a derrota. Os celestes adiantáronse no primeiro cuarto de hora cun tanto de Juan Hernández, de volta ao once titular tras cumprir sanción a pasada xornada. Con este triunfo os celestes ocupan a sétima posición da táboa, a oito puntos dos postos de promoción. Os de Albés visitan a próxima semana o campo do Real Madrid Castilla.

XI: Sotres, Kevin, Ros, Costa, Pampín, Rai, Juan Hdez., Agus, Álex, Drazic, Dennis.