O Celta B gaña ao Rápido no seu último partido de preparación

escudo-650x370.jpg

 

O filial do RC Celta disputou este sábado o seu último partido de pretempada. Foi na Madroa, contra o Rápido de Bouzas e finalizou cun novo triunfo para os pupilos de Alejandro Menéndez. A vitoria por 3-1 fraguouse con dúas tantos de Hicham e un de Pedro. O Celta B pon punto e final aos seus compromisos estivais cun bo balance de resultados e moi boas sensacións.

 

O sábado 20 de agosto ás 18:00 o Celta B debutará na nova tempada de 2ª División B ante o Mutilvera nas Instalacións Polideportivas do Val Aranguren.

 

Pretempada Celta B

Xoves 21/07: Mondariz v Celta B (1-2)

Domingo 24/07: Portonovo v Celta B (0-2)

Mércores 27/07: Estoril v Celta B (2-5)

Sábado 30/07: Celta B v Pontevedra (0-4)

Mércores 03/08: Boavista v Celta B (2-0)

Sábado 06/08: Céltiga v Celta B (1-2)

Mércores 10/08: Arosa v Celta B (0-1)

Sábado 13/08: Celta B v R. Bouzas (3-1)

 

Leave a Reply

three × two =